Atrás

Verificación de información

Proceso de verificación de información

1. Identifícate a través de la blockchain

2. Escoge la información a verificar (De la lista de pendientes de verificación):

Ver todos los datos de la información registrada
Aseveración / Claim (Afirmación a validar)

Temos neste momento 230.000 Ha mási de eucalipto das que estabanprevistas no mapa forestal de galicia

Contexto

O señor PRESIDENTE: Bos días.

Imos reiniciar a sesión co punto sétimo da orde do día, de preguntas para resposta oral do presidente da Xunta.

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de Galicia de Dª Ana Belén Pontón Mondelo, do G. P.
do Bloque Nacionalista Galego, sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para frear
a eucaliptización poñendo en marcha unha nova política para o monte galego
O señor PRESIDENTE: Señora Pontón, cando queira.
A señora PONTÓN MONDELO: Moi bo día.
Señor Feijóo, hoxe quero empezar felicitándoo. Ten vostede o mérito de ter rescrito a famosa
canción El desaparecido, de Manu Chao, porque así é como ten vostede a Galiza: desaparecida
nos orzamentos do Estado, desaparecida no debate sobre o AVE, desaparecida no debate do
financiamento ou desaparecida nesa comisión fantasma da AP-9. ¿E sabe por que? Porque a
ese slogan «Galicia primeiro», pásalle, como di Bob Dylan na súa canción, que está blowing
in the wind. Hoxe, eu xa non dubido de que vostede non pinta nada en Madrid. E xa que non
é capaz de defender os intereses de Galiza no Estado, agardamos que polo menos sexa capaz
de defender Galiza na Galiza.
Por iso, facémoslle unha pregunta que ten que ver con algo que fundamentalmente depende
de vostede: poñer en marcha unha nova política forestal. ¿E por que o pedimos? Porque o
seu modelo é unha ruína desde o punto de vista económico, ambiental e social para este
país. Este modelo só ten un gran beneficiario, Ence; mellor dito, Ence e os seus seis compañeiros do Partido Popular, que acaban sentados no Consello de Administración desta empresa nun caso de manual —poderiamos dicir— de portas xiratorias.
Pero permítame que lle dea algúns datos que falan sobre a situación que hoxe ten o noso
monte. A plantación de eucalipto, señor Feijóo, está absolutamente descontrolada; estanse
plantando máis eucaliptos na Galiza que en Australia. Temos neste momento 230.000 hectáreas máis de eucalipto das que estaban previstas no Plan forestal da Xunta de Galiza para
o ano 2032. As repoboacións forestais no Estado fixéronse fundamentalmente con especies
propias do lugar no que se plantaban; na Galiza, fixéronse con subvencións da Xunta, con
especies foráneas. O resultado pois é que temos un monocultivo de eucalipto e pino que
ocupa o 60 % das masas arbóreas, xustamente o triplo da media do Estado. E, finalmente,
cada ano tálanse 8,2 millóns de metros cúbicos de madeira e só 300.000 son madeiras de
calidade procedentes das nosas especies autóctonas.
Esta febre expansiva do eucalipto ten unha repercusión directa nun dos grandes problemas ambientais que ten este país, como son os incendios forestais, incendios que cada ano queiman
miles de hectáreas e tamén centos de millóns de euros; un problema que vai ir máis alá co cambio
climático, e teño que dicirlle que o seu goberno non está á altura do reto que temos por diante

Vostede sabe perfectamente que o seu modelo forestal fracasou, que nos deixa unha Galiza
que ten un grave problema, porque unha parte do territorio está abandonado, que hai un
descontrol do eucalipto que está tirando á baixa os prezos e que vai ser peor no futuro e que
temos moita riqueza que non se está aproveitando por este modelo fracasado e caduco.
Por iso, pregúntolle se ten algunha medida en serio para frear a eucaliptización do noso país
e para poñer en marcha un novo modelo forestal para Galiza.

Metadatos grabación previa en blockchain (Asegura inmutabilidad de la información)

Hash de transacción: 0xe115dc6c8226945684560754e027f8845f07175499efab96e25481b3e19c3f65

Status: Success

Block: 12232518

Timestamp: 33 secs ago (May-02-2022 11:07:25 AM +UTC)

3. Inputs de verificación


    Utilizamos cookies para ofrecerle la mejor experiencia. Políticas de cookies